NON Á LEI DE SEGURANZA CIDADÁ! - INDULTO XA PARA CARLOS E SERAFÍN

CONCENTRACIÓN 20 DE NOVEMBRO e MANIFESTACIÓN  23 DE NOVEMBRO

Diante da tramitación no Congreso da chamada Lei de Seguranza Cidadá, que podería aprobarse este mesmo mes, coa que o Partido Popular pretende seguir a criminalizar e reprimir a resposta social, alargando o medo (a golpe de sancións administrativas e penais) para así frearen as mobilizacións contra as súas políticas, a Alianza Social Galega, plataforma da que fan parte decenas de colectivos e organizacións sociais, entre elas a CIG, vén de convocar mobilizacións en todo o país para rexeitarmos este grave retroceso en materia de dereitos civís e liberdades democráticas.

Na comarca de Vigo terán lugar varias protestas: concentración o xoves 20 de novembro ás 19:30h na rúa Príncipe, Marco e o manifestación o domingo 23  de novembro ás 11:30 horas, desde a Vía Norte. Asemade, entendemos necesario demandarmos, máis unha vez con este acto, o indulto para os traballadores Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, que enfrontan penas de 3 anos de prisión por teren participado dun piquete informativo durante unha folga.
 
Desde a CIG chamamos a toda a nosa afiliación e ao conxunto do pobo a participar destas mobilizacións.