A Xunta de Persoal da provincia de Pontevedra emitiu un comunicado de prensa que denuncia unha serie de incumprimentos na Subdirección Xeral de Gardacostas.

  • Incumprimento das sentencias do TSXG, cos postos de Xefes de Unidade Operativa XUO, (antes Xefes de Base) de LD, que obrigan a volver as prazas a concurso.
  • Utilización dos botes de rescate dos barcos do servizo de salvamento e loita contra a contaminación mariña: "Irmáns Garcia Nodal"  "Sebastián Ocampo" "Ria de Vigo" en funcións de inspección e vixilancia, cando pola normativa de Mariña Mercante estas embarcacións son para agrupar balsas en caso de afundimento.
  • Utilizan indebidamente a embarcación "Paio Gomez Chariño" por parte de tripulación allea ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Os mandos e mariñeiría son dunha empresa privada. Nos termos de cesión de dita embarcación, especifica que a tripulación será composta de funcionarios do Servizo de Gardacostas de Galicia.
  • Tamén hai Xefes de Unidade Operativa que realiza funcións de Patrón, sendo na RPT vixiante - mariñeiro, non cubre o Diario de Navegación, nin informa a tripulación, obrigando con coaccións e ameazas de expediente a saír ao mar, exercendo el como patrón, o que non contempla o Decreto actual de ordenación e funcionamento 157/2005, polo que, non está nas súas funcións o patronear embarcacións.

Queremos resaltar que, un servizo que está para velar polo cumprimento da normativa no mar, os seus xefes intermedios incumpren esta normativa e iso afecta á seguridade, efectividade, operatividade e credibilidade deste servizo.