Novas por contido

Caos, mentiras e discriminación

O 23 de decembro o Director Xeral de Función Pública, contra o que di a Lei de Orzamentos do 2015, mantivo que se ía devolver en xaneiro o 12,5% da extra do 2012 a todos/as os/as empregados/as públicos/as da Xunta. Isto era parte do plan de devolución da extra que implicaba a devolución doutro 12,5 % en abril, o 50% no 2016 e o 25% no 2017. Unha maravilla.

Iso eran as declaracións do Director. Pero a nós non nos cadran as contas cando o único sobre este asunto, que está recollido nunha norma, é unha devolución de máis ou menos o 12,5% da extra para funcionarios/as e o 5% para os laborais que se deduce da DA 17 da Lei de Orzamentos.

O panorama que temos ata o de agora é o seguinte:

  • O persoal funcionario vai cobrar 22 días da extra e 7 días da paga adicional, que ven sendo un 12,5% do total da extra.
  • O persoal laboral vai cobrar 7 días da extra e 7 días da paga adicional, o que ven sendo un 5% da extra.
  • O Estado dita unhas instrucións para que o seu persoal saiba como ten que facer para cobrar, incluídos modelos de solicitude.
  • A Xunta envía unhas instrucións ás habilitacións, pero non ao persoal, e as consellarías fan o que consideran.
  • Nas instrucións se di claramente que todo/a aquel que teña unha nómina activa na Xunta a 31 de decembro de 2014 vai cobrar de oficio, e que o CIXTEC se vai encargar de remitir os listados a cada consellaría. Habilitacións, como as de Traballo e Benestar fan caso omiso das instrucións e esixen solicitude previa daquelas persoas que tiveran concursado, etc.


Polo tanto:

  1. Non se nos aclara onde esta orzamentado e en que norma legal se contempla a devolución do mes de abril (seguindo a Lei de orzamentos, todo o pagamento sería na nomina de xaneiro).
  2. Se discrimina ao persoal laboral que vai ver como a súa devolución é a terceira parte da do persoal funcionario.
  3. Non se informa ao persoal de se teñen que presentar solicitudes ou se a devolución se fai de oficio, ao contradicir as instrucións das habilitacións o que di a Lei de Orzamentos.
  4. Algunhas consellarías fan caso omiso das instrucións conforme todos os que teñan nómina activa van cobrar de oficio.


En resumo, caos mentiras e discriminación.

O procedemento para o pagamento

A Disposición Adicional 17ª da Lei 11/2014, de orzamentos xerais de Galiza para 2015, ordena a recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012 do persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma de Galiza.

Hai rebumbio no procedemento, supoñemos que a causa das contradicións existentes entre o que indica a Lei de orzamentos e as instrucións ditadas pola Intervención Xeral e pola Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos. Segundo a Lei de orzamentos, terá que solicitar expresamente a extra toda persoa que xa non fose empregado/a publico/a na actualidade, pero tamén quen sendo, tivese mudado de centro pagador respecto do 2012. Poren, as instrucións da Intervención e da Direción Xeral indican que o pagamento será de oficio para o persoal en activo, incluíndo quenes mudasen de posto de traballo respecto do ano 2012. Estas, non precisarian nin solicitar o pagamento nin solicitar certificado algún, pois todo o procedemento sería interno entre CIXTEC, habilitacións e Subdireccion Xeral de Custos de Persoal.

Coas instrucións enriba da mesa, tan só terá que presentar solicitude expresa quen actualmente non estea en servizo activo (xubilación, contrato ou interinidade finalizada, falecemento ..).  Estas persoas dirixirán escrito á consellería, organismo ou entidade á que lle correspondera aboar a paga extraordinaria do 2012. A tal efecto, ofrecémosche un modelo para que, se o consideras, edites e presentes por rexistro, dirixido ao órgano de xestión de persoal da consellería, organismo ou entidade ao que lle correspondera aboar a paga no 2012. Descargar modelo.

A xenerosidade dos nosos gobernantes non nace da súa bondade; nace das numerosas sentenzas que as organizacións sindicais gañamos durante estes anos e que ordenaban o pagamento do tempo traballado e non cobrado, sentenzas maioritariamente recorridas ao Tribunal Supremo pola Xunta de Galiza. Finalmente os responsábeis políticos da Administración decidiron que xa abondaba de perder nos xulgados, e van devolvernos o diñeiro traballado e non cobrado que nos roubaron por aplicación da norma retroactivamente.

O importe é mínimo, pero é noso, pois corresponde a un tempo traballado e non cobrado:
- Persoal funcionario e estatutario: corresponde a 22 días da paga extraordinaria e 7 días das pagas adicionais do complemento específico, do mes de decembro de 2012 que foran suprimidos.
- Persoal laboral: corresponde a 7 días da paga extraordinaria e das pagas adicionais do mes de decembro de 2012 que foran suprimidos.

A diferenza existentes entre uns e outros está en que os periodos que xeneran as pagas extraordinarias non son idénticos.

En canto ás extras do 2013, 2014 e 2015, seguirán recortadas para o persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galiza. No Estado e noutras comunidades, tan só tiveron recorte no 2012.

  • Modelo para solicitar a extra para o persoal ao servizo da Administración Autonómica de Galiza.
  • Instrucións da Intervención Xeral e da Direción Xeral de Planificación e Orzamentos.
  • Disposición Adicional 17ª da Lei de Orzamentos para o 2015.
Descargar

Outras novas recentes

Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos. De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta. Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...