Novas por contido

A Conselleria do Medio Rural e do Mar achegou ás organizacións sindicais documentación funcional e económica da nova proposta de Relación de Postos de Traballo na que destaca a destrución doutros 130 postos de traballo, dos cales 80 corresponden a persoal funcionario e 50 a persoal laboral. A xuntanzxa para discutilo será o día 3 de febreiro.

Ésta proposta de amortización levarana ao efecto dacordo coa Lei 11/2014, do 19 de Decembro, de Orzamentos Xerais para o ano 2015, aprobada no Parlamento Galego, coa maioría do partido liderado polo Sr. Feijóo.

Non lles chegou, non lles abondou coa amortización de postos na Conselleria do Medio Rural e do Mar de fai uns meses atrás, que agora voltan as andadas cunha nova proposta, o que fai que nos derradeiros meses dilapiden centos e centos de postos de traballo públicos, ós cales, dende a CIG vimos reiterando por activa e por pasiva a súa cobertura, dada a necesidade de efectivos nos diferentes centros. A CIG faralle frente, tanto na rúa coma nas mesas de negociación polas que discurra esta proposta de modificación, xa que entendemos da necesidade imperiosa de seguir mantendo os empregos públicos existentes, rexeitando polo tanto calquer modificación que se leve ao efecto polo Partido Popular.

Ao goberno do Sr. Feijóo non lle importa amortizar postos de traballo en servizos de emerxencia tan esenciais e/ou primordiais para o noso medio ambiente coma o de extinción de incendios forestais, no cal, destrue nin máis nin menos que 30 postos de traballo. A CIG pregúntase que vai acontecer entón con este servizo de emerxencias, no que ó Partido Popular non lles abonda non cubrir os postos de traballo, senón que aínda propoñen a eliminación destes, co conseguinte incremento de carga de traballo para o resto de persoal, aumentando desta maneira os riscos de accidentes laborais e/ou enfermidades profesionais. Isto ao nosos gobernantes non lles quita o sono, saben sobradamente da profesionalidade dos traballadores e traballadoras do servizo contra incendios, polo que antepoñen máis carga de traballo para os seus empregados e empregadas a cambio de eliminación de postos de traballo.

Resulta curioso e/ou anecdótico que a Conselleria do Medio Rural e do Mar se excuse para amortizar os citados 130 postos de traballo en axustamento orzamentario de cara a cumprir os obxectivos marcados, dacordo coa Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autonóma de Galiza para o ano 2015, cando por outra banda, van gastar, mellor dito, tirar ao lixo máis de oito millóns de euros na contratación dun servizo integral dun helicóptero e brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais nos vindeiros anos 2015, 2016 e 2017.  Non entendemos que, por unha banda eliminan postos de traballo públicos, e por outra anuncian a contratación dunha cuadrilla pola empresa privada. A isto chamámoslle PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO, PURO E DURO!!!

Non nos enganemos, é a política que veñen facendo dende anos o Partido Popular. A CIG-Autonómica está a estudar as posibilidades de iniciar medidas xudiciais.

Documentación: Descargar.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...