Dende a CIG tivemos unha xuntanza para avaliar e facer un seguimento das cuestións que xa denunciaramos en marzo como a uniformidade, acceso aos cursos da EGAP e maior plan formativo, pase de persoal a incendios, cobertura de vacantes, parque móbil...Neste momento urxía acadar o compromiso de defensa desta Dirección Xeral dos axentes medioambientais ante o duro retroceso que supón a nova Lei de Emprego Público de Galiza. A xuntanza, en definitiva, xirou en torno a nosa demanda de posta en valor do colectivo de axentes forestais e o potenciamento das suas funcións cos medios materiais e formativos necesarios.

Especificamente tratase:

  • Formación vinculada ao traballo e descentralizada nos servizos provinciais. Non aclaran o plan formativo esixido pola CIG en marzo aínda que recoñecen a insuficiencia dun so curso de caza para mais de 150 axentes.
  • Proposta dun plan de divulgación e educación ambiental. Ademais unha campaña promocional nos medios de comunicación en referencia a protección dos valores naturais e coñecemento do servizo de conservación ada natureza e dos seus axentes. Destas cuestións tampouco foron capaces de concretar nada.
  • Planificación e organización de traballo axeitada para o que seguimos a reclamar as xuntanzas/charlas formativas periódicas. Asimesmo insistimos no seguimento das denuncias e outros traballos presentados polos axentes.
  • Plan de prevención das agresións, que aínda que parece que xa esta en marcha por iniciativa da CIG no CSSL desta consellería, de nada serve se non vai acompañado da posta en valor do colectivo, coordinación do traballo, central de avisos e protección da identidade persoal destes traballadores. Para o que compre normalizar a utilización do NIP para todolos trámites e informes que podan ser consultados no expediente e o  control e penalización da difusión dos nomes e NIP dos axentes
  • Central de avisos e inclusión dos axentes forestais e o contacto, a pesares de que xa o tiñamos tratado anteriormente a orde de caza segue a ter o mesmo problema: os axentes non existimos.
  • Publicación da memoria anual dos servizos provinciais cun apartado relativo ao traballo das escalas de axentes forestais e medioambientais.
  • Avaliado o estado dos vehículos recoñecese a necesidade de mellorar o desvencellado parque móbil e acordase a licitación de vehículos de aluguer. Licitación claramente insuficiente polo seu escaso número e que non polo Comité de Seguridade e Saúde Laboral. Ante a declaración de que van vir  brancos coa imaxe xeral corporativa da Xunta seguimos esixindo a necesidade da identificación como axentes da autoridade e recordamos que xa se nos formou co BTP. Si esto segue así retrocedemos 20 anos dun golpe.
  • Uniformidade, quedou deserto o concurso anterior por mala calidade das prendas e subiron perto dun 30% o presuposto. Prevista a súa entrega para comezos de 2015.
  • Asignación a incendios. Este verán  2014 o pase a incendios foi o mais desorganizado dos últimos anos (sorte que choveu).  Pasouse ao persoal incluso facendo traballo simultáneo cara as dúas consellerías, tarefas incompatibles tanto na organización do traballo como no equipamento de equipos de protección individual. Non se poden amparar no descoñecemento logo de 3 anos de loita e Informe da CIG  remitido á vicesecretaria xeral polo CSSLMATI no canto á problemática en materia de prevención de riscos laborais que supón esta desorganización de verán.
  • Tarefas de vixilancia e control nos espazos naturais protexidos realizadas por un único axente de cara a cubrir parte do día. Se isto non é suficiente para axilizar e presionar cara a cobertura das vacantes…incrible.

Moitas das cuestións aquí tratadas xa estaban superadas e conqueridas polo que temos que denunciar esta volta ao pasado xunto coa desorganización do servizo, a falta de interese das xefaturas e o gran retroceso para o servizo de conservación e os axentes forestais e medioambientais e, en consecuencia para a defensa e custodia do patrimonio natural galego que isto supón.