O grao de pasotismo de Función Pública comeza a ser preocupante. Da estratexia de dar largas continuamente pasan á de non contestar. O asunto da Promoción Interna nos deu nun primeiro momento conta da chulería desta Administración ao non admitir alegacións, e nun segundo momento, do pasotismo e ineficacia desta tropa.

Nos seguimos insistindo, a ver si se aburren e o día 28 de xaneiro voltamos a comunicarlles por escrito, xa que verbalmente non contestan, a nosa esixencia (que é a de todos/as os/as funcionarios/as) de pór en marcha os procesos:

Na Mesa Xeral do día 15 de decembro do 2014 esta organización sindical preguntou unha vez máis pola Promoción Interna dos Corpos Xerais e non obtivemos resposta.

Esta organización sindical considera que lonxe de ser un menosprezo para nós, o que estamos é diante dun insulto aos empregados públicos da Xunta de Galiza aos que se lles leva furtando a posibilidade de promocionar durante máis de 4 anos.

ESIXIMOSLLE

que poña en marcha dunha vez os procesos de Promoción Interna negociados no ámbito da Mesa Xeral.