Despois de ter gañado no Xulgado do Social nº 1 de Ourense, sentenza contra Medio Rural por incumprimento do Convenio Colectivo Único, agora o mesmo Xulgado, esta vez o nº 3, volta a darnos a razón mediante outra sentenza, condeando a Conselleria do Medio Rural por incumprimento do Convenio, estando pendente de celebrarse outros xuizos polo mesmo motivo. O que se reclamaba deste vez era a diferenza nas gardas localizábeis.


O texto do Convenio ven a dicer que o/a traballador/a ten dereito a unha compensación de 150 € por cada mes de garda localizábel. Dende a Conselleria do Medio Rural non tiveron mellor idea que aboar a cada traballador/a a cantidade de 30 € por cada día de garda localizábel. ¡¡¡A cabeza pensante disto debería estar na mesma rúa!!!. O Convenio é moi claro, 150 € por cada mes de garda localizábel. Outra cousa é si se fan estas gardas ou non. Eso é cuestión de Medio Rural.

A CIG seguirá acudindo ao xulgado cando se nos presenten situacións de incumprimentos de Convenio. Polo visto, non é razoábel para o Goberno do Sr. Feijoó sentarse a falar coa CIG. Entón vémonos no xulgado diante do xuiz.