Esta Mesa Xeral foi convocada pola administración para expoñer os Criterios xerais para a oferta de emprego público 2015.

A CIG ratificouse nos argumentos utilizados en anteriores OPE´s: non temos unha cuantificación pormenorizada das prazas, non sabemos a forma de acceso, non sabemos se haberá promoción interna, non permiten nin os tribunais por sorteo, como sempre defendeu a CIG, nin a proposición dun membro dos tribunais por parte das OOSS, non temos os anexos aos que fan referencia os criterios xerais e tampouco sabemos nada dos procesos pendentes, e ademais a realidade demostra que os anuncios que fai este Goberno non adoitan cumprirse, o mesmo que os cronogramas sobre procesos selectivos ou concursos, polo que mostramos o noso escepticismo e esiximos que todo isto se concrete.

A información que nos achegou o director de Función Pública foi a seguinte:

•    As 48 prazas do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de veterinarios, correspondentes á OPE de 2008, incorpóranse á OPE 2015, acumulando estas ás prazas da OPE 2014.
•    As 17 prazas do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de Institutos Politécnicos Marítimo-Pesqueiros da OPE 2011, no que os procesos selectivos non se convocaron, incorpóranse á OPE 2015.
•    Para os funcionarios da escala técnica de finanzas, haberá unha promoción interna separada.
•    Os anexos co número de prazas irán ao Consello da Xunta para aprobarse e que logo informarán.
•    Haberá promoción interna separada para 108 prazas. Non concretou para que prazas.
•    Para as escalas que non teñan PI separada reservarán o 25% das prazas para a PI.
•    A promoción interna de corpos xerais non se vai acumular coas anteriores PI´s que están pendentes e teñen intención de sacala en marzo.
•    Dixo que nesta OPE so poden ofertar o 50 % das prazas que quedaron vacantes no 2014.
•    Haberá oposicións libres para os A1, A2, C1 e C2 e para persoal laboral do ámbito dos servizos sociais.
•    Os concursos de traslados da administración xeral e de veterinarios están en tramitación e na primeira quincena de marzo mandarán as bases.
•    O concurso de laborais está pendente do acordo das categorías profesionais.
•    Do concurso do persoal da lei 17 dirán algo en marzo.
•    Non hai previsión cercana para o concurso de Corpos Especiais.
•    A RPT do Agadic está pendente de determinar cuestións coa consellaría de Cultura.
•    A RPT de Amtega en dúas semanas irá á Mesa Xeral.
•    Estudiarán a promoción do C1 ao A1 que establece o EBEP.