A CIG chama aos traballadores e traballadoras a participar nos actos de protesta que convocamos para o martes 21 de abril, de 12 a 12:30 horas, nas postas de todas as residencias de maiores dependentes da Xunta de Galiza para amosar o malestar polo actuar do departamento que dirixe Beatriz Mato, totalmente insensible cos traballadores e traballadoras e cos problemas dos centros, e para reclamar o dereito ao descanso e as compensacións por traballar en domingos e festivos do persoal de atención directa das residencias de maiores que dependen da Consellería de Traballo e Benestar.

As concentracións van coincidir coa xuntanza á que estamos convocados os sindicatos en San Caetano, para tratar a proposta de modificación da relación de postos de traballo da consellería. Nesta modificación, e centrados no asunto dos descansos, a consellerái contempla a creación de determinados postos,, pero a maioría serán de media xornada, que non van o problema, e non se recolle a compensación de domingos e festivos. Esto significa que a Xunta dá por rematada a negociación cun carpetazo demostrando que non tiña intención de negociar nada.

Na xuntanza non se van solucionar nin os problemas dos centros nin a reposición dos dereitos expropiados aos traballadores.

Martes 21 de abril, concentracións ás 12 horas, na entrada das residencias, á mesma hora na que a consellería ten convocado ás centrais sindicais.