Novas por contido

O martes 21 de abril, participamos na xuntanza entre Consellería de Traballo e Benestar e sindicatos para tratar a súa RPT (persoal funcionario e laboral), e dotación de postos para facilitar as compensacións por traballo en domingos e festivos.

Comeza a Secretaria Xeral manifestando que é necesaria esta modificación de RPT para a creación de postos de Benestar e para a adecuación dos postos de Persoal Funcionario. Que, aínda que presenta unha proposta, están dispostos a crear máis postos se de cara á Mesa Xeral dispuxese de máis orzamento.

A CIG manifesta que falta a memoria económica, anexos e taboas de equivalencias, polo que nos é moi difícil pronunciarnos sen a documentación completa. Presentaremos alegacións completas por escrito.

PERSOAL LABORAL E COMPENSACIÓN POR TRABALLO EN DOMINGOS E FESTIVOS

Entende a CIG que a maiores dos pluses que propoñen adxudicar, é necesario harmonizar os existentes nas diferentes residencias do País, xa que a día de hoxe non existe unha diferencia entre residencias de asistidos e de válidos, polo que nos atopamos que nalgúns centros uns traballadores/as cobran un plus e outros non, facendo o mesmo traballo.

Incidimos que servizos como o RISGA ou a Dependencia non están a cobrar ou plus de Responsabilidade, e noutros servizos uns traballadores os cobran e outros non, polo que se lle debe pagar a todos/as.

A creación de prazas de fin de semana proposta non soluciona ningún dos problemas que existen a día de hoxe nos centros. Entendemos que todas as prazas teñen que ser de xornada completa.

Manifestamos que nas alegacións escritas faremos constar as necesidades que, dende a CIG, consideramos fan falla para a recuperación do artigo 19, é dicir, para a recuperación dos descansos e das compensacións.

Solicitamos aclaración sobre as prazas da RM do Carballiño e as que se desprazan. A administración resposta que na RM do Carballiño existen 3 prazas sen cubrir e a súa distribución vai a ser: 1 queda no Carballiño, 1 para Os Milagres, 1 para Castro Caldelas, polo que en Ourense crearíanse 5 prazas + 1 de Carballiño e nas outras dúas non se crearía ningunha. Manifestamos que o que está a pasar no Carballiño e noutros sitios do País (creación de prazas que non son cubertas dende o ano 2012, prazas que están vacantes e non se cubren, adscripcións que non se cobren), xa o denunciamos dende a CIG en innumerábeis ocasións, polo que non sabemos si a Administración vai facer o mesmo, e dicir, crear prazas para non cubrilas.

Manifestamos que de nada vale a creación de prazas, nos números que nos presentan, si non se cambian as instrucións e non diminúe o número de presenzas no Centro de Traballo, xa que moitas veces hai máis persoal o fin de semana que pola semana.

Esiximos que se modifique o criterio de elaboración de carteleiras ao dotar de persoal aos centros e que se elimine a obrigatoriedade de facer un mínimo de 1665 horas, xa que o convenio marca como máximo e non mínimo como ocorre hoxe en día.

Preguntamos si se vai continuar a negociación coa Dirección de Función Pública, de cara a reestablecer os artigos do convenio que están en suspenso.

A Administración manifesta que:

  • As negociacións coa Dirección X. da Función Pública continúa, que esta xuntanza é so para a creación de prazas.
  • Insisten en que si conseguen máiss diñeiro crearán máis prazas.
  • Manifestan que tan pronto se aprobe a RPT empezarase a negociar as carteleiras para adecualas e buscar dar máis descansos (a CIG insiste en que se teñen que cambiar as instrucións de elaboración de carteleiras e estas instrucións teñen que negocialas cos sindicatos).
  • Aseguran que se van a cubrir todos os postos que están vacantes e todas as prazas que se creen a través da modificación desta RPT.

Os sindicatos temos ata o venres para presentar alegacións e a semana próxima teremos outra xuntanza.

RPT DE PERSOAL FUNCIONARIO

Na memoria funcional hai referencia a que os postos de director/a de oficina de emprego volverán a ser de concurso en cumprimento dunha sentenza. Porén, non vemos na documentación nada que concrete a proposta.

A varias xefaturas de sección engádenlles méritos específicos: licenciatura en dereito ou experiencia. Non vemos xustificación na súa proposta. Queremos que retiren eses méritos e que utilicen a EGAP para formar ao persoal.

Hai algún cambio co que estamos conformes: retiran titulación específica a un posto base A1; incorporan o específico de condución a un subalterno (conformes se efectivamente realiza esas tarefas); abren algún posto a outros grupos por retirarlle titulación específica; un posto pasa de ser xeral/docente a só xeral

Non estamos conformes con que a xefatura de sección de administración e habilitación de Vigo pase de concurso a concurso específico.

Pero o máis grave refírese, para variar, ao apartado de amortizacións: destrúen 22 postos, mais outros 2 (xefaturas de servizo) por adaptación a estructura. Din que todas as amortizacións están vacantes, agás un posto base C1. Non dan explicacións das destruccións, senón unha simple referencia xenérica a que buscan dotar unha estructura suficiente de persoal, e adaptación as previsións orzamentarias. Insistimos en que falta a memoria económica que xustifiquen estas amortizacións.

En canto ás creacións, serán 15 postos, todos eles xefaturas de sección ou negociado. Entre os postos creados destacamos:

  • Sección de fundacións e coordinación de centros (secretaria xeral técnica): con tres diferentes méritos (dous de experiencia e un de titulación). Praza ad hoc..
  • Sección xurídica (secretaria xeral técnica): licenciado en dereito (non especifica se mérito ou requisito).
  • Sección contratación administrativa (Vigo): mérito en licenciatura en dereito.

 

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.