Ata o 30 de xuño tes de prazo para presentar a declaración da Renda 2014. Sendo afiliado/a ou afiliada da CIG tés dereito a que che practiquen unha deducción polas cotas sindicais do ano 2014. Simplemente tés que indicar a cantidade, que no 2014 foi como suma das cotas ordinarias de 138,36 €. Se a túa cota é inferior á ordinaria (parado/a, descontinuo/a, contratos por días ou meses, ..), consulta na túa comarca o importe (ou suma os cargos feitos durante o 2014).

A CIG mantén en cada comarca un servizo para afiliados/as de asesoramento coa declaración da Renda. Non tés máis que poñerte en contacto co local da CIG da túa localidade.