Novas por contido

Cando dende a CIG-Autonómica pensábamos que estaban desterradas as vellas prácticas de nepotismo e de utilización do poder en beneficio propio ou para facer favores a amigos/as e demais familiares cercanos, atopámonos con que coa nova Xunta de Galiza e o Goberno de Feijoo estas prácticas continúan con máis forza que nunca. Ao entrar este novo Goberno todos escoitamos comentarios nos centros de traballo do tipo “eu son amigo de Rogelio” ou “eu son prima de Feijoo” e vanme dar un posto rapidamente.

A nosa sorpresa foi xa, cando ao pouco de ser nomeado José Selas como Xefe territorial da Consellaría de Traballo e Benestar, apareceu xente que no anterior Goberno de Fraga traballaba moi preto del e foron colocados en comisións de servizo e eran frecuentes os comentarios de nomeamentos para varios postos como pode ser a Residencia do Tempo Libre do Carballiño, repartíndose incluso as subdireccións.

Pero, para a CIG-Autonómica o cumio destes despropósitos é o cesamento e o nomeamento da Dirección do Centro de Menores de Montealegre. Este centro, xa de por si especial polos residentes que atende, pasou por diferentes etapas de inestabilidade na dirección ata que foi nomeada, cun amplo consenso dos/as traballadores/as do mesmo centro a Directora agora cesada, para substituíla por quén? Sorpresa! Por unha prima, non sabemos si 1ª, 2ª ou.... que, do presidente. E como non podía ser doutro xeito, dende o día seguinte a que Feijoo gañara as eleccións, empezou a dicir polo centro “Ola, son prima de Feijoo, son a próxima directora do centro”.

Dende a CIG-Autonómica esiximos que de xeito inmediato se deixen de facer este tipo de políticas favoritistas, estas prácticas de nepotismo descarado que o único que fan é desprestixiar a función pública e aos/as traballadores/as públicos, que o único para o que estamos é para servir aos cidadáns. Esiximos que se dote dunha dirección ao Centro de Menores de Montealegre, especialmente a este centro dadas as súas características, pero a todos os demais do mesmo xeito, respectando os principios de igualdade, mérito e capacidade, facendo unha selección legal e lexítima, sen amiguismos nin beneficios a familiares varios. Porque xa sería o colmo que con este nomeamento, ademais da colocación dixital, se aproveitara para facelo coincidir coa irmá da futura directora, anotada nas listas de Educador/a (posto que ocupaba a recén nomeada)  e así colocar a dúas primas de Feijoo dun so golpe.


Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...