Novas por contido
O PP vén de impedir asistir ao pleno do parlamento a un grupo de traballadores e traballadoras do Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF). O sector da Autonómica da CIG-Administración denuncia a particular interpretación que ten da democracia o Partido Popular e denuncia o “intento de calar as nosas voces”.
 

O sector da Autonómica da CIG-Administración explica que mañá mércores, día 6 de maio, debaterase en Pleno, no Parlamento de Galiza, unha Proposición non de Leipresentada polo BNG e co apoio de todos os Grupos Parlamentarios da oposición (PSOE, AGE), onde se solicita a Xunta de Galiza a creación da Categoría de Bombeiro/a Forestal para o persoal do SPDCIF. Porén, denuncia, “a presidenta do Parlamento, e por extensión o Partido Popular, nun novo acto de demostración do seu carácter antidemocrático, impide a traballadores asistir como espectadores ao pleno”.

Ante isto denuncian outro intento de “silenciar a voz das traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza que ven como se lles retiran dereitos de xeito continuo e que avances que supoñen recoñecementos profesionais, pero en ningún caso supoñen diñeiro público a maiores, son rexeitados polo Partido Popular de Galiza de xeito reiterado, cando ese mesmo PP o aproba noutras comunidades do Estado, tal e como pasa coa Categoría de Bombeiro Forestal, creada en Extremadura (PP) ou Aragón (PP)”.

Aseguran que é “inaceptábel” a política de acoso e derribo que utiliza o Partido Popular contra os traballadores/as da Xunta de Galiza, pero “máis inaceptábel é o intento de calar as nosas voces, a actitude antidemocrática que cada día demostra, o que pense que calquera voz discrepante é unha voz que se ten que apagar”.

Ao seu entender, con este tipo de  actitudes demostra que “a Lei Mordaza é só a plasmación da súa política alí onde gobernan, onde pensan que as institucións son súas, onde pensan que a cidadanía está só para ir a votar cada catro anos e despois non ten nada que opinar e, por suposto, nada que participar en política”.

Manifestan ante isto o seu rexeitamento desta política de “amordazar ao discrepante, de intentar calar a voz da cidadanía, a voz das traballadoras e convidamos ao PP a facer unha reflexión democrática e a abrir a porta da institución que representa a todas as galegas e galegos a toda aquela persoa que queira saber a postura dos seus representantes de primeira man, e non con actitudes que ben parecen de épocas pasadas, ou é que no seu subconsciente esa época nunca debería ter pasado?”.

Outras novas recentes

Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.