Na Mesa Xeral do venres 8/5/2015, a maiores de tratarse a RPT de diversas consellerías, falouse doutros asuntos que poden ser do teu interese:

LEI DO EMPREGO PÚBLICO - CONCURSO LABORAIS - ESCALAS ASUNTOS SOCIAIS

En xuño queren retomar a discusión da fusión de categorías laborais. Se houbese acordo, convocarían o concurso de laborais inmediatamente coas categorías que quedasen para ser de laborais. O proceso de funcionarización das novas escalas de asuntos sociais comezaría tamén en breve. Manifestamos que son discusións diferentes, e poden ir por separado.

Non teñen intención neste ano de desenvolver o grupo B de funcionarios (técnicos superiores). Esto afecta a algunhas escalas (forestais, delineantes, etc).

ESCALAS SANITARIAS LEI 17

Facemos a observación de que na Lei do Emprego Público non hai nin unha soa referencia ás escalas sanitarias. Preguntamos que pasa cos asuntos que temos pendentes sobre estas escalas. Din que o concurso vai sair, e que negociarán nos dous ámbitos (administración e sanitarios). Facemos a observación de que estamos dispostos a promover demandas xudiciais, ben como sindicatos, ben como xuntas de persoal, ben promovendo damandas individuais de afectados/as, pois estas persoas nos elixiron a nosoutros nas recentes eleicións sindicais, e non poden furtarnos a representación.

CONCURSO ESPECIAIS

Tan só manifesta o DXFP que sería para outono (supoñemos que se refire á negociación). Non da máis datos.

OPOSICIÓNS VETERINARIOS

Damos traslado do que nos informan compañeiros/as, de que están a circular uns "supostos" temarios para o proceso selectivo de veterinarios/as. O Director de Función Pública recoñece que pasaron unha proposta ás consellerías para que fixeran alegacións, con caracter previo a enviarlla aos sindicatos.