Novas por contido

A CIG denuncia a retirada dos helicópteros destinados no servizo contra incendios das bases xestionadas directamente pola Xunta de Galiza en beneficio da empresa privada.

As bases de helicópteros de extinción de incendios de Vilamaior, Marroxo e Campiño quedaron dende o mércores 13 de maio sen helicópteros. A empresa concesionaria decidiu a súa retirada destas bases nas que o persoal das brigadas pertence a Xunta de Galicia, en favor doutras bases con persoal da empresa privada.

A CIG denuncia públicamente que a Consellería do Medio Rural e do Mar deixa a xestión do operativo aos intereses dunha empresa privada en contra das necesidades do servicio de extinción incendios.

Casualmente en dúas das bases (Marroxo e Vilamaior) retíraselle o helicóptero nun momento delicado no que un lume arrasa máis de cen hectáreas, en Vilariño de Conso, en plena zona protexida pola rede Natura.

Demandamos da Conselleria do Medio Rural e do Mar a reposición inmediata dos helicópteros destas tres bases, así como a incorporación do persoal propio da Xunta  de Galiza ás brigadas de helicóptero, desprivatizando un servizo que sempre funcionou axeitadamente con persoal propio (os datos do Ministerio de Medio Ambiente en canto a eficacia, corraboran esta afirmación).

Acusamos a Xunta de Galiza de agravar o problema dos lumes coa privatización, xa que  o aumento dos lumes implica directamente o aumento dos cartos a gañar polas empresas privadas podéndose converter nun circulo vicioso… máis lume, máis cartos.

A Xunta de Galiza retira da circulación os helicópteros das bases que teñen persoal propio da administración e segue a permitir a xestión dos lumes por parte dunha empresa privada. A CIG parécenos fundamental rachar o binomio intereses economicos e lume forestal polo ben do noso Patrimonio Medio Ambiental.

Non deixa de ser grave a situación, xa que a propia administración contratou un helicóptero con brigada para tres campañas por máis de nove millóns de euros, é decir dezaoito veces máis do que lle costaría mercalo (lembremos que ese aparato tén perto de 40 anos de antigüidade).

Está claro que os últimos movementos da Xunta lonxe están de tentar solventar a lacra dos lumes , e máis parecen favorecer a certas empresas privadas que se benefician claramente de adxudicacions públicas en detrimento da eficacia contrastada dun Servicio de Prevención e Extinción de Incendios Forestais que é unha referencia no Estado Español en canto á eficacia e á experiencia.

A CIG esixe que, de forma inmediata se volva a dotar de helicópteros as bases xestionadas directamente pola Conselleria do Medio Rural e do Mar, as cales dispoñen de persoal de gran experiencia para rentabilizar da mellor forma posíbel o diñeiro público,e deixen de utilizar diñeiro público para posibles beneficios de empresas amigas.

Dende a CIG exiximos a dimisión automática dos responsables que adoptan decisións arbitrarias e que para nada melloran a protección adecuada do noso Patrimonio Mediambiental e moito menos rentabilizar os cartos de todos os galegos que se destinan para rematar coa lacra incendios forestais.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...