Novas por contido

Ante a parálise nestes procesos e o enrocamento da Administración ao non querer admitir case nengunha das alegacións presentadas polas organizacións sindicais, o xoves 21 de maio, as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as e na Mesa Sectorial de Funcionarios/as (CIG, CCOO, UGT e CSIF), presentamos un escrito por rexistro dirixido ao Conselleiro de Facenda e ao Presidente da Xunta para adopten medidas ao respecto.

No escrito salientamos que despois de cinco anos sen procesos de promoción interna, sumado isto a todos os recortes laborais e retributivos realizados polos gobernos galego e español, a carreira profesional e a promoción profesional dos empregados/as públicos/as vese gravemente danada.

A proposta deste goberno dun novo modelo de promoción interna, atenta gravemente contra o dereito dos empregados/as públicos/as á promoción profesional.

As catro organizacións sindicais, non compartimos o novo modelo proposto pola Consellería de Facenda. Entendemos que os cambios efectuados na Promoción Interna son insuficientes e volvemos a solicitar a volta ao marco das últimas convocatorias. Non aceptamos un cambio que equipara baseado nunha comparación absurda coas últimas bases para o acceso libre. Reiteramos pois a necesidade de establecer a exención de aquelas probas encamiñadas a acreditar os coñecementos xa esixidos no corpo ou escala de orixe.

Por todo isto, as organizacións sindicais queremos sinalar que:

1. Queremos un sistema de promoción interna REAL e non ficticio.

2. Queremos un modelo de promoción interna que se asemelle ao anterior.

3. Queremos que a promoción interna non sexa un proceso tan gravoso como un de libre.

4. Creemos que a intención do Goberno é dificultar a promoción interna para deixar desertas as prazas.

5. Creemos que o Goberno quere deixar de lado a promoción interna ata implantar os sistemas subxectivos de promoción vertical da LEPG.

6. Queremos negociar unhas bases da promioción interna acordes á realidade. O goberno non quere negociar, só está disposto a realizar pequenas modificacións (redución dalgúns temas e duración dos exames, etc) que son os límites que o Goberno marca nesta negociación.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...