O mércores 27 de maio tivemos unha xuntanza para tratar as condicións de traballo nos centros de benestar. Á xuntanza acudiron o Director Xeral da Función Pública, a Secretaria Xeral da Consellería e os diferentes subdirectores.

A CIG non vai aceptar ningún acordo que non teña unha data concreta de reposición do Convenio Colectivo e en concreto do artigo 19. Indicámoslles que teñen que cambiar as instrucións de elaboración de carteleiras e ter unha clara vontade política de negociación e non de imposición. Rexeitamos calquera tipo de contrato de fin de semana ou de media xornada, xa que entendemos que é traballo en precario, algo que a Administración non debería consentir.

En definitiva, non ofreceron nada novo e consideramos que aínda é peor a oferta de prazas que pretenden crear, diminuíndo con respecto á oferta anterior as prazas en xornada compleata e aumentando as de fin de semana.

Descarga a nota informativa completa.