O Director Xeral da Función Pública manifestou neste derradeiros días en sede parlamentaria que por mor dos recortes sufridos co Goberno do Partido Popular non se incrementou o número de sinistros nin se destruíu emprego público.

Pois ben, dende a CIG-Autonómica queremos rexeitar estas afirmacións con datos que demostran que o Partido Popular falta a verdade cando fai estas manifestacións.

No derradeiro ano 2014, o 45% dos accidentes laborais e das baixas por enfermidade profesional foron na Consellería de Traballo e Benestar e máis concretamente na ÁREA DE BENESTAR e, diste 45%, o 85% foron baixas por sobre esforzo. A maiores destes datos que falan por si mesmo, manifestar que as categorías máis afectadas polos mesmos, nunha porcentaxe que chega a máis do 90% afecta as categorías de atención directa ao usuario, é dicir, Auxiliares de Clínica, Coidadores/as e Camareiros/as-Limpadores/as.

Estes datos de tan alta siniestralidade laboral directamente relacionados cos sobre esforzos veñen dados pola merma de efectivos nun número moi elevado.

É neste punto onde o Director Xeral da Función Pública do Partido Popular volve a faltar a verdade cando manifesta que non se diminuíu de efectivos de atención directa ao usuario na área de benestar, senón que, máis alá, incluso se aumentaron. Pois ben, a Lei 1/2012 de medidas non sector público marca como obxectivo a redución do 15% dos capitulo I dos Orzamentos da Comunidade Autónoma, o que se traduce no 15% de redución do número de persoal na área de benestar da Consellería de Traballo, e en números concretos, en 600 traballadores/as a través de amortizacións e da  non cobertura de xubilacións, algo que obvia o D.X., pero non só este número de efectivos diminuíu, senón que no ano 2011 estaban a traballar máis de 800 persoas en acumulación de tarefas, é dicir, 800 efectivos máis que se reducen, algo que non dí o D.X.  e que suman unha merma de traballadores/as na área de benestar da Consellería de Traballo de máis de 1400 traballadores/as.

Istes son os datos reais da situación que estamos a sufrir os traballadores e traballadoras da Consellería de Traballo e Benestar, polo que dende a CIG esiximos a reposición de todo o Convenio Colectivo suspendido unilateralmente polo Partido Popular e, en especial, o artigo 19 de dito convenio.