Novas por contido

As Organizacións Sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF, presentes na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Mesa Sectorial de Funcionarios/as da Xunta de Galiza,

MANIFESTAN que,
Despois de cinco anos sen promoción interna do persoal funcionario da Xunta de Galiza, a Administración pretende convocar os procesos de promoción interna sen negociación previa.

Achegan uns borradores de convocatorias que se asimilan ás probas de acceso libre, cun número de prazas moi reducido.

A Xunta de Galiza simulou unha negociación formal onde non foron aceptadas apenas as alegacións da parte social da Mesa Xeral de Empregados/as Públicos. Despois dunha petición conxunta das catro organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral, e dun comunicado das cinco Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Servizos Centrais), solicitando unha negociación real onde non se lesionen os lexítimos dereitos dos/as empregados/as públicos/as á carreira profesional, a Xunta, en troques de convocar unha mesa de negociación convoca unha Comisión de Persoal onde só se permite votar a favor ou en contra dos borradores das convocatorias, sen que se poidan modificar, e sendo este o punto final antes da publicación no DOG.

Por todo isto, as catro OOSS así como as cinco Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza, manifestamos o noso rexeitamento deste proceder dictatorial do Goberno galego convocando unha concentración, mañán venres, día 5 de maio, ás 13:30, diante da EGAP onde se reunirá a Comisión de Persoal.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...