Novas por contido

A CIG-Autonómica da comarca de Lugo-A Mariña, entregou o 24 de xuño denuncia por escrito á Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, ao Director Xeral da Función Pública e aos Xefes Territoriais de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e de Medio Rural e do Mar. O motivo destes escritos é o de acompañar un pequeno informe no que poñemos de manifesto as múltiples irregularidades existentes na cobertura de postos de traballo nestas xefaturas territoriais. Por iso, demandamos algo tan necesario como que se cumpra a normativa vixente para a provisión de postos de traballo.

O feito de que fagamos fincapé nestas dúas xefaturas territoriais non vén dado porque o resto de xefaturas gocen dunha política de persoal sublime, se non porque estas dúas son as que teñen unha maior implantación en toda a provincia o que facilita este tipo de desaxustes. Como poderedes comprobar no informe que presentamos (pincha aquí), a porcentaxe de postos que están irregularmente ocupados xira en torno a unha cuarta parte do total.

As principais razóns desta anormal situación, son tres:

  • Non se están a cubrir as prazas que quedan vacantes e moitas foron amortizadas.
  • Persoal que non está prestando servizos onde lle corresponde por concurso, en non poucas ocasións, ata en diferentes localidades. Neste caso atopámonos ademais cunha vulneración seria en materia de saúde laboral. 
  • Exceso de postos cubertos en comisións de servizo. Ao redor dun 20% das prazas totais están ocupadas por medio deste método reservado para casos de urxente necesidade. Nin que dicir ten, a arbitrariedade á hora de concederse as mesmas. Neste punto, temos casos tan curiosos como o da Xefatura Territorial de Medio Ambiente que debería estar cuberto como posto de libre designación e sen embargo, está ocupado en comisión de servizos para non perder a praza que foi obtida por concurso. Clara vulneración dunha Resolución da Dirección Xeral da Función Pública que así o esixe.

Por isto, esixímoslle á Xunta de Galicia:

  • Transparencia máxima na política de persoal. Ata o momento todo é escurantismo e ocultación.
  • Que se cubran todos os postos vacantes no organigrama da súa xefatura territorial.
  • Que todas as situacións irregulares que lle xuntamos no noso informe, sexan regularizadas de inmediato.
  • Criterios obxectivos, XA, para a concesión das comisións de servizo.

Agardamos que a demanda de regularización da política de persoal sexa atendida xa que do contrario, verémonos na obriga de iniciar trámites ante outros estamentos.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...