A CIG denuncia a falta de medios para a loita contra os incendios forestais no distrito forestal XVII, o Condado-Paradanta. O persoal laboral deste distrito forestal estaba recibindo formación, mentres os seus montes estaban a ser debastados polas lapas.

Nula organización dentro do centro de traballo, é decir, falta de previsión por parte da Xefatura do Distrito Forestal XVII. O Condado – Paradanta, e dos seus superiores xerárquicos, Xefe do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais máis Xefe Territorial de Pontevedra da Conselleria do Medio Rural e do Mar, foi suficiente para que o Xoves, 25 de Xuño de 2015, tivesen que desprazarse brigadas e motobombas de outros distritos forestais, tanto de Pontevedra coma de Ourense, ata a comarca de Ponteareas a traballar en labouras de extinción de incendios forestais, dado que na citada comarca de Ponteareas non había medios humáns NINGÚN para facerlle frente aos incendios que estaban debastando o monte.

A CIG, constata que no momento en que os medios de extinción máis próximos a comarca de Ponteareas chegaron as inmediacións do incendio forestal para o cál foron chamados, xa iban queimadas máis de 2 hectáreas.

A CIG, demanda sensatez aos responsábeis de Medio Rural e do Mar, para que o persoal laboral teña que recibir formación de cara a prestar un mellor servizo, noutra época do ano, onde as condicións climatolóxicas sexan as axeitadas, é decir, con un índice de risco diario baixo.

Dado as altísimas temperaturas que estamos a sufrir na zona do Baixo Miño, non é de recibo que a totalidade do persoal que ven a loitar contra o lume do Distrito Forestal de Ponteareas teña que ser desprazado da súa comarca para recibir formación, polo que a CIG insiste na necesidade de mantér operativo con todos os medios posibles, as diferentes comarcas do Distrito Forestal XVII de Ponteareas, deixando para outra ocasión a formación dos traballadores.

A CIG pon en coñecemento da opinión pública, que o acontecido o pasado Xoves, 26 de Xuño na comarca de Ponteareas, pode chegar a acontecer en calquer Distrito Forestal da provincia de Pontevedra, xa que tódolos traballadores e traballadoras do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais deberán ter acreditado o curso de formación para o cál están sendo convocados.