A CIG quere denunciar a precariedade do servizo de defensa contra incendios forestais, o que está a poñer en perigo tanto a seguridade dos seus traballadores/as e, incluso das propiedades particulares que poden chegar a verse afectadas.

Entre os días 29 e 30 de xuño de 2015, no lume que comezou na Parroquia de Xurenzás, no Concello de Boborás, e que afectou tamén a outras parroquias dos Concellos de Boborás e O Irixo, púidose constatar as precariedade do servizo e o que é máis criticábel, a mala conservación por parte de ADIF e da Deputación das infraestruturas que dependen destas administracións.

Dende a CIG queremos denunciar que o lume, supostamente e a falta da confirmación oficial, tivo o seu comezo na vía do tren, ata en nove puntos nunha distancia de entre 200 e 300 metros, a súa propagación veuse axudada debido a utilización de GLIFOSATO que se fai por parte de ADIF para a limpeza das marxes da vía, chegando a ter un fronte de 4 km no seu inicio. A maiores, a mala conservación das estradas cuxo titular é a Deputación contribuíu a súa propagación incontrolada  durante dous días, xa que a utilización de GLIFOSATO de novo para a limpeza das cunetas na vez de facer de cortalumes a propia estrada o que propiciou foi que o lume pasara as pistas e saltara as estradas.

Isto veuse agravado  pola falta de persoal do SPDCIF, xa que este servizo está a mínimos e non se cobren as necesidade de persoal suficientes, no incendio de Boborás, na primeira intervención actuou unha brigada con unha sola persoa, e outra brigada con 3 persoas, e dicir, sumando as dúas brigadas eran 4 traballadores/as, cando cada brigada componse de 7 membros, isto é, nun lume onde se queimou, segundo datos da Xunta de Galiza, preto de 200 ha. nun primeiro momento actuaron 4 persoas en dúas brigadas en lugar de 14, a dotación normal.

É salientable destacar a maiores que os buldozer e as palas non están contratadas, polo que dende a CIG preguntámonos, Onde está a prevención? con que medios se fixo?

Impresentables son as declaracións do Secretario Xeral de Medio Rural e Montes, votándolle as culpas dos incendios aos donos das fincas. Pero, quen é o culpable do abandono do Rural galego? a Xunta de Galiza, os maiores culpábeis do mal endémico dos incendios forestais da Galiza son os gobernantes do Partido Popular coa súa política de terra queimada e a estratexia de desfacerse de calquera servizo público, tal e como están intentando facer co SPDCIF.

Dende a CIG esiximos a cobertura inmediata das prazas vacantes no SPDCIF e a asunción de responsabilidades por parte dos que deseñan o operativo que se ten comprobado que non é eficaz.