Na Mesa Xeral do martes 7 discutimos con Función Pública e representantes das consellerías a adaptación da resolución do 12/03/2013 de instrucións de vacacións, permisos e licenzas á nova Lei do emprego público. O asunto vamos tratalo novamente na Comisión de Persoal do venres 10.

Con caracter previo anuncia o Director Xeral da Función Pública que haberá unha xuntanza antes da Comisión de Persoal para falar das alegacións que presentamos os sindicatos e que en todo caso haberá cambios relacionados coa asistencia a exames.

A CIG fai un repaso ás alegacións presentadas por escrito, que resumimos no seguinte:

  • Incorrecta aplicación de enfermidade grave.
  • Clarificar os 22 días de vacacións, en relación á posibilidade de xuntar os días de asuntos propios.
  • Redondeo á alza cando sexa 0,1, e non só cando sexa 0,5.
  • Defendemos a rotación nos permisos cando haxa mesmas circunstancias familiares. Aceptamos a antigüidade para comezar a primeira rotación.
  • Permiso para concorrer a exames: posto que o DXFP anunciou que o xoves proporía uns cambios, adiamos a intervención sobre este punto.
  • Non conformes coa extensión a 24 horas como requisito para xustificar hospitalización.
  • Non aceptamos un tratamento diferencial para persoal de benestar en permiso por lactación.
  • Engadir permiso de acompañamento a tratamentos como radioterapia.

Descargar a proposta de instrucións de vacacións, permisos e licenzas.

Descargar as alegacións presentadas pola CIG.