Un novo paso no camiño da externalización de servizos: Traballo e benestar convoca aos xefes e xefas de servizo e a persoal que desenvolva tarefas de atención e información ao público e telefónica sobre os aspectos relacionados coa valoración e recoñecemento da discapacidade a unha reunión que se celebrará o vindeiro venres 17 para recabar datos e proceder ao traspaso das tarefas de información sobre os expedientes ao 012 (servizo que leva unha empresa privada, que xa está a executar as citas dos equipos de valoración da discapacidade).

Parece o colmo que se convoque ao persoal da Xunta para colaborar nos traballos tendentes á súa substitución por servizos externos, polo que xa nos transmitiron dende algunha localidade que non van prestarse a esa colaboración.

A convocatoria é para unha reunión en Compostela o venres 17 de xullo, ás 10 horas, co seguinte orde do día:

  1. Implementación do Servizo de Información da Discapacidade co 012.
  2. Revisión do protocolo do Servizo de Información.
  3. Definición de posibles preguntas demandando información e respostas tipo. Sobre este último punto, debedes traer a relación de preguntas/consultas máis frecuentes, así como as que considerades que non van poder contestar a través do 012, [...]

O obxectivo da reunión é elaborar un protocolo para o desenvolvemento dese servizo por parte do 012, así como organizar as liñas básicas de funcionamento na súa relación coas seccións de Valoración.

Por cada sección convócase ao xefe de sección e a unha das persoas que desenvolva a actividade da atención e información telefónica ao público.