Novas por contido

A día de hoxe hai pendente un chamamento de 70 técnicos de apoio para as oficinas de emprego que van ser chamados das listas do A2. As tarefas a desenvolver son propias dun posto base do grupo A2, aínda que non son postos da Relación de Postos de Traballo (RPT), senón contratos dun ano.

Respetando a legalidade, o sentido común e a igualdade, os chamamentos deben facerse das listas de substitución da Xunta pola orde exacta que se segue en calquera outro chamamento.

CCOO e UGT asinaron un pacto de "diálogo social" coa Xunta nun momento de recortes no que a cambio de prebendas, como a que imos comentar, eles apoian á Xunta, igual que o fixeron en normas como a LOFAXGA ou o Decreto de Integración.

Agora pasan a factura e pretenden que desas listas do A2 só se chame a xente cunhas determinadas titulacións. Pretenden impoñer requisitos ás listas, unhas listas que son de corpos xerais, non de ningún corpo ou escala que requira titulacións. Todo isto para favorecer a uns poucos afiliados que están nas listas do número 50 para arriba e así adiantar ás persoas que teñen máis puntos que elas.

A CIG, que foi a única asinante deste decreto de listas no 2006 porque, a pesar das eivas defende a igualdade, non vai permitir, poñendo en marcha aos seus servizos xurídicos, que se fagan traxes a medida e que se mofen das persoas que están inscritas nas listas. Ao mesmo tempo se lle están a dar argumentos á Administración para que deseñe chamamentos cos requisitos necesarios para facer chamamentos a persoas concretas en calquer corpo ou escala saltando por riba dos que están por diante nas listas.

Esperemos que Función Pública non ceda a esta chantaxe e faga valer a legalidade vixente.

Outras novas recentes

Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.