O desmantelamento paulatino que o goberno da Xunta está a levar no SPDCIF ano tras ano, con estas políticas de disgregación progresiva dunha parte do dispositivo e a privatización doutra, está a comprometer o traballo dos profesionais na defensa do medio natural en Galicia ó non recoñecer a nosa labor profesional como bombeiros forestais, ó precarizar ás condicións nas que traballamos ou ó negarnos a estabilidade laboral e salarial.

En defensa do Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais, as organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF convocan a todos os traballadores e traballadoras a unha manifestación o mércores 22 de xullo, en Compostela, que partirá ás 10:30 dende a Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes en San Lázaro e rematará ás 12:00 diante da Consellería de Medio Rural en San Caetano.

Esiximos:

  • Defenda do SPDCIF como servizo único de prevención e extinción de incendios, un servizo público, único e profesionalizado, de prevención e extinción.
  • Convocatoria dunha oferta pública de emprego. Cobertura de todas as vacantes, evitando así que a consellería continúe coa progresiva amortización de prazas para desmantelar pouco a pouco o servizo público.
  • Recoñecemento da categoría de Bombeiro Forestal, que sen supoñer custe algún, da valor e visibilidade ao traballo que desenvolvemos.
  • Estabilidade laboral e profesional, abordando a modificación do Decreto de listas para atender ás peculiaridades do servizo. Solucionar a problemática dos traballadores descontinuos de 9 meses garantindo que se acaden os 12 meses nas contratacións. Ampliación da contratación dos traballadores descontinuos de tres meses.
  • Convocatoria dunha mesa negociadora.

O mércores 22 de xullo, ven a Compostela. Ás 10:30 en San Lázaro.

Descargar manifesto.