O pasado 10 de xullo aprobáronse na Comisión de Persoal as modificacións das instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, consecuencia da adaptación ás novas condicións que establece a Lei 2/2015 do emprego público de Galiza, co voto favorable de CCOO e CSIF, e a abstención de CIG e UGT. A CIG abstense porque se recolleron unha boa parte das nosas propostas, pero quedaron outras fora.

Na Comisión de Persoal comprometeuse o Director Xeral da Función Pública a ter listo en tres meses unha nova proposta de instrucións como versión consolidada e que incluiría os seguintes aspectos: delimitar as enfermidades graves, contemplar situacións de violencia de xénero, desprazamento para exames de probas selectivas. Anunciou que ese texto creará unha comisión de seguimento para as organizacións asinantes do futuro texto (unha chantaxe aos sindicatos que, ou asinan, ou quedan fora de poder facer un seguimento ás resolucións que se produzan).

Días despois, o 15 de xullo, a Dirección Xeral de Función Pública fai pública a relación de instrucións que sufren modificación, que son as seguintes:

  • Instrución segunda. Definicións. Modifícase a letra h) Enfermidade grave (disposición Adicional 1ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).
  • Instrucción quinta. Vacacións anuais (artigo 132 da Lei 2/2015, do 29 de abril do emprego público de Galicia).
  • Instrución sexta. Permiso por falecemento, accidente, enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica dun familiar (artigo 108 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).
  • Instrución oitava. Permiso para concorrer a exames finais, probas definitivas de aptitude e probas selectivas no ámbito do emprego público (artigo 111 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).
  • Instrución novena. Permiso por lactación (artigo 112 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).
  • Instrución décima. Permiso de asistencia ao médico (queda suprimido).
  • Instrución décimo primeira. Permisos para o cumprimento de deberes inescusables de carácter público ou persoal, de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral e máis de asistencia a consultas e revisións médicas (artigo 117 da da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).
  • Instrución décimo segunda. Permiso por asuntos particulares (artigo 118 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).
  • Instrución décimo quinta. Licenza por asuntos propios (artigo 127 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).