Novas por contido

Nota: posteriormente a este resumo, Sanidade envía correo confirmando que a proposta de modificación da RPT queda para setembro.

O venres 24 de xullo tivemos unha xuntanza con Sanidade para discutir a súa proposta de modificación da RPT. A proposta consiste na amortización de 15 postos de traballo, todos eles de corpos xerais, en servizos periféricos, vacantes, correspondentes a xefaturas de sección, negociado, grupos e postos base C2. Deses 15 postos, 5 xa non entraran no concurso de traslados de corpos xerais que está actualmente en trámite; os outros 10 si que entraran, polo que pretenden que, a estas alturas, Función Pública proceda a retiralos. A amortización tería unha segunda parte, en setembro, cando farían unha proposta de creación de prazas.

A xustificación que ofrece Sanidade é ben pobre: na memoria da proposta fan un extenso relato normativo, pero non acaban de explicar as razóns que os levan a propoñer a amortización dos postos; limítanse a dicir que "é necesaria unha reorganización polos cambios establecidos na xestión dos servizos sanitarios, a simplificación e automatización dos procedementos administrativos", e prevén trasladar as cargas de traballo dos postos administrativos que amortizan a postos técnicos, sen máis explicación.

Para a CIG, que estaría disposta a abordar unha reorganización convintemente motivada sempre e cando se compensasen as amortizacións con outras tantas creacións, esta proposta é inaceptábel. En primeiro lugar non nos fiamos, e se teñen xa a idea do que queren reorganizar, queremos que o poñan por escrito. En segundo lugar, non é serio que, a estas alturas dun concurso de traslados que está en trámite, veñan agora coa retirada de 10 postos de traballo ofertados.

Solicitamos tamén que executen as sentenzas que teñen notificadas, como é o caso dalgún plus recoñecido no laboratorio de Lugo. A este respecto, as representantes de Sanidade encollen os ombreiros e míranse entre si con aceno de despiste.

Demandamos unha solución ao conflito que arrastramos dende fai anos polo nivel dos funcionarios e funcionarias do corpos de farmacéuticos inspectores, para os que demandamos unha homologación de nivel respecto doutros corpos de inspección. As representantes da Administración recoñecen a discriminación, deixan caer que calquer día destes se podería solucionar, mesmo na seguinte proposta de RPT, pero advertindo de que non se lle tome a palabra.

Finalmente Sanidade vai falar con Función Pública e, se retiran do concurso as 10 prazas referidas cunha simple certificación de Sanidade, procederían a adiar a proposta de amortizacións ata setembro, cando farían unha proposta conxunta de amortizacións-creacións. Pero con esto non cambia o inaceptábel dunha proposta de amortización de prazas que están actualmente no concurso de traslados.

Descargar proposta de RPT.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...