Como nunha subhasta, ou pior, como nunha feira, póñense entre os cargos do PP a regatear entre eles nunha discusión para estimar o precio do voto dos/as empregados públicos/as de cara as eleccións xerais e autonómicas. Finalmente os feirantes conclúen que un día de asuntos propios e o 25% da extra de 2012 é un precio razoábel para comprar o voto dos/as empregados/as públicos/as.

Hai que lembrar que xa antes das municipais prometeran pagar un 25% e que o restante o devolverían en dúas veces, o 50% no 2016 e o 25% no 2017, cando non gobernen. Agora non saben cando devolverán ese 50% pero si que o 25% que nos prometeron para o ano van facelo antes das eleccións.

Ao feirante maior esquéceselle que aínda nos debe o específico ou cantidade similar para o persoal laboral das extras de 2013, 2014 e 2015. Debe pensar que os/as empregados/as públicos/as somos imbéciles.

A CIG presentoulle un plan para renegociar a débeda salarial. Ademais estimábamos que cun 0,3% dos Orzamentos en 3 anos se podería recuperar o roubado.

Se pensan que con esmolas imos comulgar ou que alguén vai cambiar o seu voto polo resultado dun comportamento cínico, van dados.