O mércores 30 de setembro tivemos unha xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde do edificio da Xunta de Galiza en Pontevedra. Como asunto máis salientable, destacar que por parte do representante da Xunta comunícanos que os fondos FEDER que estaban comprometidos para a contratación dos traballos de instalación de parasoles exteriores na fachada sur do edificio finalmente xa están aprobados, comprometéndose a Administración a licitar os traballos entre o 15 e 20 de novembro (do 2015).

Despois de anos de queixas dos traballadores e traballadoras do edificio e das numerosas reclamacións por parte dos delegados e delegadas da CIG, imos conseguir que as nosas demandas sexan atendidas.