Ao rematar a xuntanza do venres 2 de outubro sobre os días adicionais de vacacións e asuntos propios, dende a CIG solicitamos información sobre concursos e procesos selectivos pendentes:

  • Promoción interna de corpos xerais: saíran os listados de admitidos en dúas semanas. Os de acceso libre tardarán máis, probablemente o mes que vén.
  • Calculan como datas de exame, tanto para PI como para acceso libre entre marzo e abril de 2016.
  • Concurso de traslados de corpos xerais: sairá o listado provisional máis ou menos en 15 días.
  • Concurso de traslados de corpos especiais: aínda están traballando en adaptar as RPT,s á nova Lei de Emprego Público xa que coa entrada en vigor se modificaron e agruparon moitas escalas.
  • Concurso de tralados de persoal laboral: cando se remate de traballar de revisión das categorías.
  • Decreto listas de substitución: enviarán o borrador de modificación do decreto nas próximas semanas. Xa levamos unhas cantas dende que prometeron envialo.
  • Contratación de técnicos de emprego: daránnos información o luns.
  • Para a semana é probable que se nos informe sobre os Orzamentos Xerais de 2016.