Novas por contido

A Xunta de Galiza asina un acordo con CCOO, UGT e CSIF que NON restitúe os 9 días de asuntos propios.

O xoves 15 de outubro de 2015 xuntouse a Mesa Xeral de Empregados Públicos e a Comisión de Persoal para aprobar un Acordo entre a Dirección Xeral de Función Pública e as organizacións sindicais en materia de permiso por asuntos particulares e vacacións por antigüidade.

Na súa exposición, a CIG mantívose firme no seu posicionamento: Eles quitáronos, que eles os restauren. Insistimos unha vez máis en que os dereitos recortados de xeito unilateral pola Xunta de Galiza tiñan que ser restituidos xa, por decreto do Consello da Xunta, sen necesidade de buscar a vergoñenta complicidade que atopou no resto de organizacións sindicais para sacar adiante un acordo no que se materializa a perda de 3 días de AAPP con respecto aos 9 días que tiñamos antes dos recortes, polo que con este acordo o conxunto de empregados públicos vémonos claramente perxudicados.

Nese senso, a CIG foi a única organización sindical que se negou a participar no paripé da votación dun acordo que saíu adiante co voto favorable de CCOO, UGT e CSIF, e a través do cal o Partido Popular e o presidente Feijóo conseguiron o que buscaban: ter un bonito titular para os medios de comunicación co que lavar a súa faciana de cara ás vindeiras citas electorais. A CIG, como sindicato de clase traballadora, non vai ser copartícipe da campaña electoral do PP e primará por riba de todo os intereses das empregadas e empregados públicos galegos.

Non entendemos como nun momento en que a política do Partido Popular está marcada por levantar o pé do acelerador dos recortes, as outras organizacións sindicais non aproveiten para facer xunto coa CIG a presión necesaria para restaurar a totalidade dos dereitos roubados e se conforman aceptando, polas boas, unha parte do que o PP unilateralmente nos quitou, e unilateralmente pode e debe restituir.

Os cambios con respecto ao texto do borrador inicial son os seguintes:

  • Os días por asuntos particulares poderán acumularse aos días de vacacións que se poden gozar de forma independente.
  • O período de disfrute dos días referidos ao ano 2015 amplíase ata o día 30 de abril de 2016 e será de aplicación a todos os sectores.

A entrada en vigor será previsiblemente a semana que ven, unha vez sexa publicado no DOG.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...