Novas por contido

A CIG-Autonómica, xunto con CSI-F e UGT, vén de lle solicitar formalmente á Secretaría Xeral da Consellaría de Educación e O.U. a apertura urxente dun foro de negociación específico para tratar as reivindicacións do persoal laboral e funcionario da Administración xeral da Xunta de Galiza destinado en centros de ensino.

Así mesmo, a CIG, UGT e CSI-F instamos que se reúna coa maior brevidade a comisión de seguimento do Acordo sobre xornada de traballo do persoal subalterno e sobre as retribucións do persoal subalterno e auxiliar administrativo que presta servizos nos centros educativos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.


Desde a CIG-Autonómica observamos coa máxima preocupación que a Consellaría de Educación está á incumplir un aspecto fundamental do Acordo, ao se negar a constituír as comisións provinciais encargadas de atender as reclamacións do persoal subalterno cando se producen decisións arbitrarias dos directores dos centros nas modificacións de horarios ou no reparto das quendas de traballo. 

Isto está a producir unha situación de indefensión aos traballadores en centros de ensino como o CIFP “Rodolfo Ucha Piñeiro” de Ferrol e o IES “Fernando Wirtz Suárez” da Coruña, nos que hai subalternos que levan meses agardando a que se cumpran as disposicións do Acordo e se constitúan as comisións provinciais de horarios.

Desde a CIG-Autonómica, sempre procurando a máxima unidade sindical, consideramos que é imprescindible aunar as reivindicacións do persoal laboral e funcionario, por coherencia sindical e tamén por razóns de eficacia, pois sempre seremos máis fortes fronte á Administración canto maior sexa a unión entre as traballadoras e os traballadores dos centros de ensino.

Por iso, desde a CIG-Autonómica esiximos á Consellería de Educación o cumprimento íntegro do Acordo e demandamos que se constitúa a comisión de seguimento, ao tempo que demandamos a apertura inmediata de negociacións para tratar as revindicacións da plataforma reivindicativa da CIG, CSI-F e UGT para os centros de ensino



PLATAFORMA REIVINDICATIVA DA CIG, CSI-F E UGT PARA OS CENTROS DE ENSINO


1. Protocolización de procedementos e funcións do persoal dos centros. Esiximos a inmediata negociación, como primeiro paso, dun 'protocolo de apertura e funcionamento ordinario dos centros’ que debe recoller inescusablemente a obrigatoria presenza dun responsable sempre que os centros estean funcionando así como os criterios para a aplicación dos servizos mínimos en caso ausencia masiva de asistidos (art. 20 do V Convenio), para as xornadas con horario diferente ao habitual do centro e para a aplicación do horario de verán.

2. Integración dos actuais efectivos do grupo E no C2 e estabelecemento dun maior nivel para os subalternos dos centros de ensino en tanto que queden nos centros de ensino.

3. Xeneralización do incremento retributivo no complemento específico para os postos con horario especial; actualización e aumento progresivo desta compensación até alcanzar os 244,80 €/mes; aplicación da mesma compensación ao persoal laboral.

4. Revisión das ratios de limpeza e do persoal de cociña dos centros.

5. Estabelecemento dun complemento de itinerancia e apertura dunha negociación sobre os mecanismos para a adxudicación de novos destinos en itinerancia.

6. Recoñecemento do complemento de perigosidade ao persoal laboral de cociña.

7. Recoñecemento do complemento de penosidade ao persoal laboral de limpeza.

8. Definición dos criterios para o estabelecemento de xefaturas de secretaría e para a fixación dos cadros de persoal (especialmente no caso dos subalternos).

9. Acordo en materia de seguridade e saúde laboral nos centros de ensino.

10. Acordo sobre dereito á formación (recoñecemento dun crédito horario anual mínimo para a formación en horario laboral e, en paralelo, estabelecemento dun dereito de compensación horaria cando a formación sexa en horario non laboral).

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...