O luns 9 de novembro tivemos unha xuntanza con Función Pública previa á Mesa Xeral e á Comisión de Persoal convocadas para o mércores 11 de novembro, onde tratamos diversos asuntos de interese (listas substitucións, procesos selectivos, concursos, permisos, veterinarios, periodo de desfrute dos días de vacacacións e asuntos propios por antigüidade..).

Na Mesa Xeral e Comisión de Persoal do mércores 11 vamos tratar:

  • Relación de Postos de Traballo da Vicepresidencia (creacións, amortizacións e modificacións variadas).
  • Relación de Postos de Traballo da Presidencia da Xunta (Secretaría Xeral de Emigración).
  • Relación de Postos de Traballo de Cultura e Educación (técnicos superiores de biblioteca).
  • Modificación das bases dos procesos selectivos de corpos xerais, tanto de libre como de promoción interna, A1-A2-C1-C2, para adaptalos ás recentes reformas normativas. Descargar proposta.

A maiores dos asuntos da Mesa Xeral e Comisión de Persoal, o Director de Función Pública deunos traslado do seguinte:

  • Prazo para o desfrute dos días de vacacións e asuntos propios por antiguidade: Función Pública aclara que o prazo de desfrute ata o 30 de abril é de aplicación só aos días de asuntos particulares por antigüidade e aos adicionais de vacacións por antigüidade recollidos no acordo de trasposición. O resto dos días seguirán a norma xeral.
  • A relación de admitidos/excluidos dos procesos selectivos de corpos xerais de acceso libre publicaranse neste mes de novembro e os exames serán sobre abril do 2016. Na mesa xeral do mércores confirmarán cando a EGAP terá preparados os temarios.
  • Decreto de listas: están revisando as alegacións que presentamos. Convocarán unha xuntanza para mirar as alegacións coas OOSS.
  • O texto refundido dos permisos, vacacións e licenzas remitirano esta semana coas adaptacións derivadas do acordo de trasposición do real decreto lei 10/2015. Desenvolve a reducción de xornada voluntaria con reducción de retribucións.
  • OPE 2016: aprobaríase no primeiro trimestre de 2016. Cubrirán o 100% das vacantes de emerxencias, educación e sanidade, e o 50% das restantes. Enviarán o borrador da oferta entre finais de febreiro e principios de marzo.
  • Nesta semana ou na próxima remitirannos a orde de integración da GAIN. Están a traballar tamén coa orde de integración da Axencia de Turismo de Galicia. Nos próximos días convocarán a comisión de valoración da integración do IET.
  • Supresión, refundación e ordenación de categorías de persoal laboral: retomarán o tema antes de rematar o mes de novembro.
  • A comisión de seguimento do acordo de veterinarios convocarana probablemente a vindeira semana.
  • Orientadores de emprego: está asinado o informe de autorización do gasto da contratación dos orientadores. O mércores confirmarán cando se fará efectiva a contratación ademais de como queda o tema das titulacións específicas.