Baixo a aparencia dun concurso quere blindar os postos de LD

En xaneiro do 2008 chegamos a un acordo polo que as xefaturas de servizo, como regra xeral, pasaban a ser postos que se provían mediante concurso ordinario. Simplemente había que adaptar o decreto 93/1991 de provisión para establecer baremos en consonancia coa natureza destes postos.

Este acordo era un avance porque agás nos casos de excepcionalidade xustificada todos pasaban a ser de concurso, pero a cousa quedou no papel ao haber un cambio de goberno e chegar o PP á Xunta.

Agora pretenden colarnos uns criterios onde a excepcionalidade se establece en base a ese acordo anterior pero cun cambio substantivo no relativo aos postos que van a pasar a concurso. Non van a pasar a concurso ordinario senón a “concurso específico”.

Aí está o truco. Coa nova Lei de Emprego Público, onde se establece que como regra xeral os postos de xefatura de servizo se proverán mediante este sistema, o que pretende a Xunta é consolidar estes postos como libres designacións por cinco anos, impedindo incluso que si existe cambio de goberno se poida remover aos titulares.

Neste concurso específico, o menos obxectivo que pode haber, a Xunta vai poder facer as bases co perfil de cada candidato previamente elixido, e poderán valorar de xeito totalmente subxectivo os seus méritos, podendo incluír a convocatoria memorias, entrevistas ou tests profesionais, a valoración de informes de avaliación ou outros sistemas similares.

En definitiva, LD's para cinco anos, baixo a aparencia de concurso.