A CIG esixe a cobertura inmediata de todo o persoal das Residencias, Centros de Día e demais centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O bo funcionamento do servizo non pode recaer na perda de dereitos por parte do persoal do Consorcio.

Desde a CIG esiximos a cobertura de todas as baixas, días de asuntos propios, vacacións non gozadas, compensacións de xornada de verán... en todos os centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

É inaceptábel que a mala xestión da Xerencia do Consorcio ao negarse a abrir as listas de substitucións, tal e como se lle solicitou por parte da CIG en sucesivas ocasións, leve a que traballadoras e traballadores teñan que aprazar as súas visitas médicas ou renunciar a días de asuntos propios para que os centros poidan seguir funcionando dada a escaseza das cadros de persoal dos centros derivados das continuas políticas de recortes.

Queda reflectido por enésima vez a falta de planificación por parte do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar así como a escaseza dos cadros de persoal os centros.

Desde a CIG volvemos esixir a apertura inmediata das listas de agarda do Consorcio. Esta necesidade queda patente cada vez que as traballadoras e traballadores destes centros queren facer uso dos seus dereitos laborais, xa sexa para goce das vacacións, como para conciliación da vida laboral e familiar.