Novas por contido

Recentemente en Galiza comunicáronse á poboación importantes alertas sanitarias de tipo ambiental, como foron o declarar a auga de Ferrol non apta para o consumo ou o abrocho de Lexionelose en Lugo. Estas alertas sanitarias, puxeron de manifesto a incapacidade da Consellería de Sanidade para xestionar estas situacións de crise debido, principalmente, a unha falta de medios e a unha deficiente organización dos servizos de inspección.

Estas alertas sanitarias, as de Ferrol e Lugo, non son feitos illados. En Galiza prodúcense con frecuencia numerosas situacións que poderían desencadear alertas similares. Habitualmente detéctanse incumprimentos nas augas de consumo municipais que fan que a auga sexa "non apta para o consumo" nalgúns casos. Séguese detectando Legionella en hospitais, centros deportivos, residencias da terceira idade ou colexios, e continuamente xéranse alertas por produtos químicos de uso cotián que supoñen un risco directo para a saúde dos consumidores.

Cada ano aumentan os casos de enfermidades relacionadas coa saúde ambiental debido ao escaso número de inspectores e inspectoras existentes e á falta de medios, resultando imposible abarcar a totalidade das instalacións para inspeccionar (9.211 establecementos segundo a memoria publicada en 2014 pola Consellería de Sanidade).

Outro aspecto fundamental que evidencia a desorganización do corpo de farmacéuticos inspectores é a ausencia de vixilancia sanitaria fora do horario laboral destes, xa que non existen quendas de garda que cubran calquera alerta sanitaria que xurda durante as tardes ou os fins de semana.

Ante a proposta de que exista unha estrutura adecuada de inspección cunha mellor organización e maiores recursos, a Conselleria de Sanidade, incriblemente, pretende reducir o número de inspeccións a realizar, e o número de inspectores, a pesares de que con iso aumenta o risco sanitario para a poboación. Así, a Consellería de Sanidade, reduciu drasticamente o número de inspeccións e de análises realizadas polos inspectores desde o ano 2009, en aspectos tan fundamentais como os abastecementos de auga municipais ou de colexios, piscinas, control da lexionelose, produtos químicos ou biocidas.

O xoves 19 de decembro, os/as Farmaceúticos/as Inspectores/as de Saúde Pública manifestáronse ante a Conselleria de Sanidade, en Santiago de Compostela, para reclamar unha maior responsabilidade sanitaria que evite riscos innecesarios para saúde da poboación.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.