A consellería do mar ten persoal que realiza seu traballo a bordo de embarcacións, propias ou alleas, como gardacostas, biólogos/as, etc. Todos eles e elas están afiliados ao réxime xeral da seguridade social.

O Parlamento do Estado aprobou a Lei 47/2015, do 21 de outubro, sobre o réxime especial de traballadores do mar, que no seu artigo 3.5.b) di: "Quedarán comprendidas no réxime especial da seguridade social dos traballadores do mar, as seguintes persoas traballadoras por conta allea: persoas traballadoras que exerzan a súa actividade a bordo de embarcacións e buques da marina mercante ou pesca marítima enrolados como persoal de investigación, observadores de pesca e persoal de seguridade".

A CIG ven de presentar escrito dirixido á secretaría xeral da consellería do mar para que informe sobre a posibilidade de incluir ao persoal propio que presta servizos a bordo de embarcacións, para cambiar a afiliación ao réxime especial de traballadores do mar, o que conlevaría, entre outras, a aplicación dun coeficiente reductor na xubilación.