Dende a  CIG vimos de rexistrar varios escritos seguindo o noso camiño cara a consecución  da categoría de Bombeiro forestal, así como para a reclasificación das categorías de peón condutor e emisorista do grupo V ó IV, tal e como nos comprometeramos anteriormente e na campaña das eleccións sindicais.

No referente ó cambio de denominación das categorías profesionais a Bombeiros Forestais tal e como se recolle no V conevio,  a maiores das xuntanzas das que xa informamos cos grupos parlamentares para a presentación de Propostas non de Lei (PNL) para conquerir vía lexislativa a Categoría de Bombeiro forestal, agora iniciamos outras vías para chegar a tal fin.

Vimos de rexistrar escrito diante da comisión paritaria, esixindo que se nos apliquen xa os coeficientes redutores na idade de xubilación, xa que segundo o regula o Real decreto 383/2008 que é de superior rango que o convenio, temos dereito a elo.

Tamén neste senso rexistramos outro escrito dirixido ós servizos de prevención de riscos laborais e organismos competentes, onde  solicitamos que se realice unha  avaliación de riscos laborais  de cara a establecer as enfermidades profesionais que nos corresponden polo desenrolo das nosas funcións.

No referente á reclasificación das categorías de peón condutor e de emisorista do grupo V ó IV tal e como recolle o artigo 3.20 das condicións especiais do SPDCIF  dentro do V convenio do persoal laboral da xunta, temos tamén camiño feito.

A maiores de ter denunciado este feito nas inspeccións de traballo e esixido a xuntanza en varias ocasións á anterior e extinta secretaría xeral do medio rural da comisión de seguemento do convenio , sen obter sequera contestación, agora vimos facer o seguinte paso:

Petición de xuntanza da comisión de seguemento do acordo do V convenio colectivo único, para abordar a reclasificación das categorías peón condutor e emisorista ó grupo IV tal e como recolle o artigo 3.20 do convenio no apartado de condicións especiais do SPDCIF.