Por se é do teu interese, achegámoste a seguinte información sobre diversos asuntos.

Concurso de traslados de corpos xerais

  • A puntuación provisional podería estar publicada a finais de febreiro.
  • Posto que o listado definitivo de admitidos/as e excluidos/as xa está publicado dende o venres 15 de xaneiro, e dado que as bases do concurso permiten a renuncia ao mesmo no prazo dos 20 días seguintes á publicación deste listado, vai ser dificil que as persoas interesadas poidan renunciar antes de coñecer a súa puntuación provisional.

Lonxe queda a previsión inicial de que estivese resolto dentro do ano 2015.

Procesos selectivos a corpos xerais, libre e promoción interna

  • A previsión de que os exames non serían antes do 1 de abril queda complementada con que poderían ser por maio, e en todo caso afirman de Función Pública que serían antes do verán.
  • Probabelmente sexan os exames de promoción interna antes que os de libre.
  • A EGAP afirma que están preparando os temarios, pero os días pasan e mingua a marxe de tempo.

Procesos selectivos a persoal veterinario

  • Pouco que contar, tan só que a semana que ven poderíamos ter novas sobre os temarios (parte xeral).

Oferta de emprego para persoas con discapacidade intelectual

  • O borrador da convocatoria das seis prazas de Ordenanza da OEP-2015 reservadas para persoas con discapacidade intelectual poderíamolo ter para a semana que ven, previamente a súa discusión no Consello da Discapacidade (que se reuniría "pronto").

Instrucións de vacacións, permisos e licenzas

  • Presentamos un segundo escrito de alegacións. Podería haber algún cambio que comunicarían nos vindeiros días.

Descargar alegacións do 4/12/2015.

Descargar alegacións do 15/01/2016.

Decreto de listas

  • A semana que ven poderiamos ter novidades, tanto no referente á proposta de catro puntos iniciais como á posibilidade de incorporar algún punto máis.

Descargar alegacións do 6/11/2015.

Descargar alegacións complementarias do 12/01/2016.