Dende a CIG seguimos afondando  na profesionalización do colectivo do SPDCIF cara a unha maior eficacia e recoñecemento, mellora das condicións laborais e optimización do servizo así como dos recursos públicos.

Desta vez vimos de presentar unha PNL (Proposta non de lei) diante de tódolos grupos con representación no Parlamento galego coa fin de adaptar o noso colectivo ás novas competencias profesionais logo da entrada en vigor da lei de protección civil o pasado 16 de Xaneiro.

Coa entrada en vigor desta lei, o SPDCIF pasa o formar parte do dispositivo de protección civil segundo recolle o art. 17 desta Lei, onde tamén  se recolle a obriga de desenrolar as competencias técnicas obrigando a formar e cualificar ós dispositivos.

Para evitar quedar fóra de xogo no eido competencial, debemos esixir á administración a habilitación adecuada,  baseada na experiencia profesional e a formación, para poder actuar nas competencias asignadas á nosa categoría tal e como explicita a nova lei.

Dende a CIG, completamos esta acción, presentando diante das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural, un escrito onde se informa desta nova situación e se esixe se adapte ó SPDCIF ás novas competencias.