O día 20/11/2009 tivemos a segunda xuntanza para tratar de acadar un Acordo retributivo e de emprego.

A vontade da Administración de chegar a un acordo é nula, xa que dende que teñen a nosa proposta enriba da mesa non fixeron ningún movemento de aproximación nen teñen disposición de  estudar novas fórmulas de consenso. Non están dispostos a mover nin unha coma da parte salarial do acordo e limitan os seus pasos a ofertarnos o que xa está pactado ou o que por lei teñen que cumplir.


A Administración expón que de acadarse un acordo faríase tendo como base a seguinte masa salarial e nº de efectivos:



MASA SALARIAL (en €)

EFECTIVOS

FUNCIONARIOS

345.158.577

12.050

LABORAIS

258.650.953

11.092

TOTAL

603.809.530

23.142


A Administración propón o seguinte:


ACORDO SALARIAL

  • Manter a conxelación do 2010 coa posibilidade de que se poida pactar algunha cantidade para ese ano que se efectivizaría no 2011.
  • Van voltar a consultar o dos fondos adicionais

COBERTURA DE VACANTES

  • Recoller na lei de Orzamentos Xerais a cobertura de persoal interino. Modificaríase dita lei para que nos casos de urxente necesidade se poida recorrer a cubrir vacantes.sempre e cando se presente unha memoria xustificativa por parte do departamento solicitante e o autorice a DX de Orzamentos. ISTO XA ESTÁ RECOLLIDO NO ART. 31 DO PROXECTO DE LEI DE ORZAMENTOS CANDO EXISTAN PRAZAS VACANTES E A SUA COBERTURA NON SEXA POSIBLE MEDIANTE FUNCIONARIOS DE CARREIRA

EMPREGO PÚBLICO

  • Creación de entre 10 e 20 prazas do grupo A de informáticos (non derivadas de ningunha sentenza) senón das conclusións da Comisión de Asistencias Técnicas, para substituír estas por emprego estable de funcionarios.
  • 36 novas prazas na RPT de Industria producto das sentenzas.
  • Sacar a OEP 2009 aproveitando que aínda rixe a taxa de reposición do 30% (ao redor de 300 ou 400 prazas).Poderíase acumular á do 2010 co 15% da taxa de reposición.
  • Compromiso de sacar as 1430 prazas  da OEP do 2009 da 2ª fase de consolidación e Estabilización.

CONCURSOS DE TRASLADOS

  • Todos os concursos de traslados no 1º semestre de cada ano.
  • Concurso laborais se negociarán as bases a final de ano.
  • As seccións LD irían a Concurso Xeral.
  • Os postos de nivel 28 terían un Concurso Especial.
  • Posibilidade de facer concursos semestrais do 2012 en adiante.

NOVA LEI DA FUNCIÓN PUBLICA DE GALICIA

  • Remitirán o borrador da lei as OOSS ao redor do 15 de xaneiro e preveen que en xuño comece o trámite parlamentario.
  • Na próxima LFPG ampliarase o ámbito subxectivo de aplicación da lei.

CARREIRA PROFESIONAL

Comezarán as negociacións a partir da entrada en vigor da nova LFPG..

CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

Plan de creación de Escolas Infantís 0-3 en centros de traballo (San Caetano, San Lázaro e no resto dos Edificios -Administrativos) a partir do 2010.

F.A.S.

Propoñen increméntalo nun 1 millón de euros e a posibilidade de chegar ao 1% da masa salarial no 2013.


Dende a CIG manifestamos o noso malestar ao non ver vontade real de asumir que a negociación do acordo gravita en torno ao acordo salarial. Neste sentido, non é de recibo que a Administración non movera nin unha coma dende a primeira reunión. Nin sequera aseguran que imos dispoñer dos fondos adicionais, cousa que se lles deixou clara na primeira xuntanza.

Por outra banda, voltamos a recordarlles que moitos dos puntos que ofrecen como materia de negociación son de obrigado cumprimento, ben por estar garantidos por lei, ben por estar recollidos en acordos.