Novas por contido

A proposta de Educación suporía un importante cambio na distribución dos postos de persoal funcionario, con numerosas creacións, eliminacións e desprazamentos dende IES a colexios.

A Consellería de Educación enviounos unha proposta de modificación da súa RPT que busca dotar de persoal auxiliar administrativo todos os colexios de educación infantil e primaria que teñan máis de 400 alumnos/as ou 350 no caso de dispoñer de servizos complementarios de transporte e/ou comedor. A CIG leva anos pedindo a creación de prazas de Administración Xeral en todos os centros de ensino, pero o que fai a Administración non é crealas (ademais de facelo só nunha ínfima parte dos centros), senón trasladar persoal duns centros a outros, reducindo prazas nos IES e trasladando forzosamente a funcionarios/as ou amortizando prazas.

Para atender esta importante reasignación de efectivos, desprazan 35 auxiliares administrativoos de diferentes IES (13 de concellos de Coruña, 4 de Lugo, 8 de Ourense e 10 de Pontevedra) e crean 63 novos postos (a maiores de regularizar en RPT outros 11 xa dotados previamente), que financian mediante a eliminación de 77 postos existentes, dos que 8 están ocupados por funcionarios/as interinos/as que se van á rúa e 3 por persoas en comisión de servizos. Os postos eliminados incluen postos de persoal subalterno, auxiliares administrativos e algunhas xefaturas de secretaría.

Os sindicatos estamos convocados a discutir o asunto con Educación o xoves 18. Dende a CIG xa enviamos unha solicitude de aprazamento da xuntanza, pois a proposta da consellería é bastante máis que unha simple modificación da RPT e necesitamos tempo para difundir a información e recibir o que nos quera transmitir o persoal (escribenos a autonomica@cigadmon.gal).

Pola nosa parte a cousa non vai quedar aí. Levamos tempo detectando un importante incremento dos conflitos en centros de ensino o que motivou que en outubro do ano pasado solicitaramos unha xuntanza con Educación para falarmos dos problemas e expoñerlles diversas demandas. As persoas con responsabilidade na consellería non se dignaron a recibirnos, así que agardamos con entusiasmo a xuntanza.

Nota: Educación aceptou a nosa petición e apraza a xuntanza para o martes 23 de febreiro.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...