Xa están convocadas as probas para a obtención dos Certificados de Lingua Galega (CELGA Nivel 1, 2, 3 e 4) no ano 2012. Estas probas están dirixidas a aquelas persoas que precisen certificar o seu coñecemento de lingua galega para acceder a un posto de traballo ou a unha actividade de formación.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 3 de abril de 2012.

Infórmate sobre os requisitos, a documentación necesaria, e o procedemento a seguir para participar nestas probas, consultando o seguinte documento. Tamén tes á túa disposición o apartado da plataforma www.forga.org correspondente a esta convocatoria, no que atoparás a solicitude de incrición e o modelo de taxas.

Podes dirixir as túas dúbidas e consultas ao Servizo Nacional de Estudos e Orientación Laboral da forGA, mediante correo electrónico dirixido a snorientacion@forga.org, ou por teléfono contactando co 981 450 743.