No DOG 06/03/2012 publícase a convocatoria de dúas edicións de teleformación dos cursos de perfeccionamento de xefatura de negociado e xefatura de sección para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día da publicación desta resolución no DOG e rematará o 16 de marzo de 2012 ás 14.00 horas.

Un dos aspectos polémicos destes cursos é a preferencia na selección para as persoas que xa ocupan unha xefatura de negociado ou sección. Segundo nos informa a propia EGAP, primeiro seleccionarase aos alumnos entre as persoas que acrediten que desempeñan estes postos e despois entre o resto. Isto quere dicir que para estes casos prima o posto antes que, por exemplo, o tempo sen realizar cursos ou a antigüidade na Administración (criterios: DOG 10/01/2008)

Por outra banda, tamén nos informa a EGAP que como certificado do desempeño dos posto de xefatura de negociado ou sección non valen as tomas de posesión senón un certificado dos respectivos servizos de persoal ou equivalentes.