Novas por contido

Dende as 14:00h do día 15 de maio está aberto o prazo de matrícula para os cursos da 3ª convocatoria de formación continúa da EGAP. A matrícula realizarase a través da “zona de matrícula” da súa páxina web e o prazo rematará ás 24:00h do 23 de maio. Podedes atopar a relación dos cursos ofertados nesta terceira edición no seguinte enlace. A oferta desta convocatoria quedou un tanto escasa (14 cursos), sendo a maioría deles para colectivos específicos. Coma sempre, o límite máximo de matrícula é de 5 cursos.

Estes cursos de formación continua réxense pola Resolución do 15 de xaneiro de 2009 pola que se publica o plan de formación continuade empregados da Administración xeral da Xunta de Galicia para o ano 2009 e as bases para a participación nestas accións formativas (DOG 21/01/2009). Lembrámosvos que poderán participar nas accións formativas que se convoquen con base a este plan: o persoal da Administración da Xunta de Galicia que se atope en situación de servizo activo ou excedencia por coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos en cada curso. Está excluído o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos na Administración xeral.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...