No DOG do 11/09/2012 publicouse a convocatoria da EGAP das probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Trátase dun total de 600 prazas que se dividen entre as diferentes accións formativas conducintes a obtención do título.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, hoxe 12 de setembro, e rematará o 17 de outubro de 2012 ás 14.00 horas. A matrícula realizarase por medios telemáticos na páxina web da EGAP.

O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimatica» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 «Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación», do Catálogo nacional de cualificacións.

As probas terán lugar nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, os días 20, 21, 22 e 23 de novembro de 2012, das 9.00 ás 15.00 horas.

Máis información