No DOG do 31/12/2012 publicouse o Plan de formación do persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.  Existirán diferentes contornos de aprendizaxe e metodoloxías, entre os que se atopan a autoformación, a teleformación e a docencia presencial.

A novidade este ano vén da man da autoformación. A diferenza, con respecto das actividades formativas en teleformación, é que o proceso de aprendizaxe non estará guiado pola figura do titor. Cómpre destacar que os coñecementos que se adquiran poderán certificarse mediante a superación dunha proba presencial voluntaria.

Como ben avisan na resolución, a execución das accións recollidas neste plan queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible; cómpre lembrar que o ano pasado anularon os cursos planificados para o segundo semestre. Por último, para acceder ás accións formativas recollidas neste plan haberá que formalizar a matrícula despois de que se publiquen no DOG as correspondentes convocatorias.

Accede aos cursos programados