Os cursos son convocados pola EGAP na modalidade íntegra de teleformación

No DOG do 07/02/2013 publicase a convocatoria de 2 edicións do curso de perfeccionamento de xefatura de sección e 4 do curso de perfeccionamento de xefatura de negociado.

Os cursos van dirixidos para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia pero existe un criterio de preferencia na selección para o persoal que xa ocupa un posto de sección ou negociado respectivamente. Este polémico criterio non impide pero si dificulta o exercicio da promoción profesional do persoal que non se atopa nun posto desas características.

A polémica xurde porque as persoas que están nun negociado ou sección en comisión de servizos teñen preferencia para obter o curso e por tanto máis puntos no concurso de traslados para obtelas con carácter definitivo. Xa que logo, incluír este criterio de preferencia implica extender os efectos da arbitrariedade coa que se resolven as comisións de servizo. Unha cuestión que se solucionaría de regulamentar mínimamente as comisións de servizo e/ou eliminando as preferencias (e por suposto os requisitos) no acceso aos cursos da EGAP.

As solicitudes realizarase vía telemática na área de matrícula da páxina web da EGAP: http://egap.xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 10 de febreiro ás 8.00 horas e rematará o 19 de febreiro de 2013 ás 14.00 horas

Podedes obter máis información das convocatorias nas seguintes ligazóns: