Novas por contido

O DOG do 27/07/09 publica a convocatoria por parte da EGAP en colaboración coa consellería de Cultura e turismo de varios cursos para o persoal da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Cursos: 15
Prazo: ata ás 14:00 horas do 07/08/09
Solicitudes: hai que cubrilas de forma telemática na páxina http://egap.xunta.es

Os cursos convocados son os seguintes:

*Curso: Construción, Instalación e Equipamento dunha Biblioteca.
*Curso: Xestión de Comitecas.
*Curso: Promoción da Lectura.
*Curso: A Xestión dos Proxectos nas Bibliotecas.
*Curso: Deseño e Creación de Espazos Interiores en Bibliotecas.
*Curso: Os Mozos e as Bibliotecas: algo máis que unha relación casual.
*Curso: Ferramentas Colaborativas da Web 2.0.
*Curso: Xestión de Recursos Humanos I.
*Curso: Arquitectura da Información.
*Curso: Xestión da Colección e Expurgación.
*Curso: As Bibliotecas Dixitais.
*Curso: Técnicas Avanzadas de Indicación Analítica e de Resumo de Documentos.
*Curso: As Bibliotecas e os Hábitos Lectores.
*Curso: Recursos Electrónicos: Catalogación, Normalización e Proceso Técnico.
*Curso: Ferramentas Web 2.0 na Rede de Bibliotecas de Galicia: Metabuscador, Recursos Oai, Opacs Cognitivos, Browsing e Clustering, Koha, Portal Infantil.


Mais información na páxina www.xunta.es .

Outras novas recentes

Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...